Sunday 05 de May de 2024

Aprobada a Conta Xeral do Concello de 2022


O pleno municipal aprobou a Conta Xeral do Concello de Oleiros correspondente ao exercicio 2022. Tamén foron aprobadas diversas modificacións fiscais relacionadas coa actualización dalgunhas taxas municipais baixo criterios obxectivos e xustificados: expedición de documentos administrativos; licencias de autoturismos e demais vehículos de aluguer; licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas; servizos especiais, de extinción de incendios, emerxencias e outros análogos; cemiterio municipal; e prestación de servizos urbanísticos.

O Goberno municipal, a petición dos grupos do PP e PSOE, informou novamente sobre a actuación do Concello nas pasadas festas de Santa Cruz con datos de diferentes informes municipais. Ademais, antes da celebración do pleno recibiron todos os documentos solicitados.